Saturday 18 de May de 2024

Conclúe o curso de Limpeza de superficies e mobiliario


 

Esta mañá a concelleira de Traballo do Concello de Ordes, Susana García, realizou unha visita ás alumnas do curso de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios municipais. Dito curso, que hoxe concluía, desenvolveuse durante os últimos meses. Tivo unha duración total de 230 horas, entre as clases teóricas e a parte práctica, que na súa maioría se impartiron no local situado na nave de gando do Mesón do Vento. Alí a representante municipal felicitou a todas as participantes polo seu esforzo e animounas a inscribirse en bolsas de traballo co fin de incorporarse o antes posible ao mercado laboral. Esta iniciativa está englobada dentro do programa Galitex, centrado na inserción laboral de persoal procedente do sector textil.

Entre outras materias traballouse no relacionado con tarefas de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais. Levouse a cabo unha selección das técnicas máis útiles, así como dos produtos e das máquinas para garantir a hixienización, conservación e mantemento. Todo baixo supervisión profesional, cumprindo deste xeito coa normativa aplicable en materia de seguridade e saúde.